Marca de garantía “Galega 100%”

​O LIGAL creou a Marca de Garantía chamada “Galega 100%” para as empresas que elaboren leite e produtos lácteos, cuxo centro de procesamento estea situado na Comunidade Autónoma de Galicia, e que desexen  garantir aos consumidores que a materia prima dedicada á elaboración destes produtos ten a súa orixe exclusivamente en explotacións incluídas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada creado polo Decreto 57/2010 do 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada e modificado polo Decreto 228 / 2011. 

LIGAL xestiona e administra a Marca “Galega 100%”, para o que ha asinar Contratos de Licencia de Uso cos operadores que se comprometan a respectar as condicións establecidas no Regulamento de uso da Marca de Garantía “Galega 100%” en leite e produtos lácteos, nas normas xerais de aplicación e nas normas complementarias que o LIGAL poda establecer para garantir o uso axeitado da Marca de Garantía.​