O LIGAL dispón dun departamento de certificación de produto.
GALEGA 100%
O LIGAL é titular da Marca de Garantía chamada “Galega 100%” inscrita na oficina española de Patentes e Marcas co nº M2951852/0, cuxo obxectivo é que as empresas poidan garantir aos consumidores que a materia prima principal (leite) adicada á elaboración de leite e produtos lácteos procede exclusivamente de explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada, creado mediante o Decreto 57/2010, de 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada e modificado polo Decreto 228/2011.
A Marca de Garantía virá definida polo Regulamento de uso da Marca de Garantía “Galega 100%”, e os seus anexos.
O LIGAL como titular e entidade de certificación xestiona e administra a Marca de Garantía “Galega 100%”, para o que asinará Contratos de Licenza de Uso con aqueles operadores que se comprometan a respectar as condicións que se establecen no citado Regulamento, na normativa xeral de aplicación e nas normas complementarias que o LIGAL poida establecer para un bo uso da Marca de Garantía.
Atópase dispoñible ao público, previa solicitude ao departamento de certificación de produto do LIGAL, a información relativa ao esquema de certificación, incluíndo o procedemento de avaliación, as regras e os procedementos para outorgar, manter, ampliar ou reducir o alcance da certificación, ou para suspender, retirar ou denegar a certificación. Do mesmo xeito está dispoñible o procedemento para o tratamento de queixas e apelacións, así como as tarifas vixentes para a certificación da Marca de Garantía Galega 100%.
- Produtos certificados coa Marca de Garantía “Galega 100%” de acordo ó Regulamento de uso da Marca de Garantía “Galega 100%” en leite e produtos lácteos.
- Suspensións temporais / Retirada da certificación Marca de Garantía “Galega 100%”
- Regulamento de uso da Marca de Garantía “Galega 100%”
- Solicitude de certificación
- Criterios de interpretación do Regulamento de uso da Marca de Garantía “Galega 100%”
- RECALDI: Rexistro de explotacións leiteiras de calidade diferenciada