Análise da auga

Home Análise Análise da auga

Introdución

Coñecer a calidade da auga utilizada na explotación é imprescindible para evitar, tanto a contaminación nos procesos de lavado das instalacións de muxidura e do tanque de almacenamento do leite, como problemas sanitarios no gando.

No LIGAL determínanse tanto os parámetros fisicoquímicos como os microbiolóxicos que permiten comprobar a idoneidade da auga utilizada, tanto na subministración ao gando, como na limpeza das instalacións en contacto co leite.

Fisicoquímicas

  • Amonio por fotometría
  • Nitritos por fotometría
  • Nitratos por fotometría
  • Turbidez por nefelometría
  • Condutividade a 20ºC
  • pH por potenciometría
  • Cloro libre residual
  • Peróxidos
  • Cor
  • Cheiro a 25ºC
  • Cloratos e percloratos por cromatografía líquida (UPLC-MS/MS)

Microbiolóxicas

  • Enterococos intestinais por filtración
  • Coliformes totais por filtración
  • Escherichia coli por filtración
  • Clostridium perfringens por reconto en placa
  • Microorganismos a 22ºC por reconto en placa
  • Pseudomonas aeruginosa por reconto en placa