Análise de alimentos destinados á alimentación animal
A alimentación animal supón o custo máis importante na produción do leite, polo que o control sobre os alimentos producidos na propia explotación, así como os que se incorporan á ración de orixe externa, é fundamental para garantir unha alimentación de acordo cos niveis de produción, calidade e seguridade requiridos.
O obxectivo é coñecer o valor nutritivo e a calidade microbiolóxica dos alimentos suministrados ao gando da explotación.
- Materia seca a 80ºC por gravimetría
- Materia orgánica por diferenza
- Humidade por gravimetría
- Cinzas brutas por gravimetría
- Graxa bruta con ou sen hidrólise por gravimetría
- Fibra bruta por gravimetría
- Fibra ácedo deterxente (FAD) por gravimetría
- Fibra neutro deterxente (FND) por gravimetría
- Lignina ácido deterxente por gravimetría
- Nitróxeno e proteína bruta por volumetría (Kjeldahl)
- Amidón por polarimetría
- pH por potenciometría
- Cinza insoluble en ácedo clorídrico
- Aflatoxina B1, Deoxynivalenol (DON), Zearalenona, Ocratoxina A, Fumonisinas, T-2 / HT-2 por Fluxo lateral (Symmetric)
- Aflatoxina B1 no millo/trigo/sorgo/DDGs/soia (Charm)
- Listeria monocytogenes por inmunofluorescencia (VIDAS)
- Salmonella spp. por inmunofluorescencia (VIDAS)
- Escherichia coli por reconto en placa
- Estafilococos coagulasa positivo por reconto en placa
- Enterobacterias por reconto en placa
- Mofos e/ou fermentos por reconto en placa
- Esporas de Clostridium sulfito redutores por reconto en placa
- Esporas de Clostridium perfringens por reconto en placa
- Clostridium perfringens (formas vexetativas) por reconto en placa