Prevención e control da mamite
Introdución
A mamite é a enfermidade máis común das vacas produtoras de leite, constituíndo un dos factores que limitan a produción de leite. A súa prevención e control é imprescindible para evitar perdas, penalizacións por parte da industria, manter o estado sanitario do gando, facer un uso adecuado dos medicamentos e diminuír os custos nos tratamentos veterinarios.
O LIGAL mediante este servizo realiza, sobre mostras de leite procedentes de vacas con mamite, a identificación dos microorganismos causantes da enfermidade, así como o antibiograma correspondente, que proporciona información sobre cales son os antibióticos máis apropiados para tratala.
Calquera gandeiro ou industria pode enviar mostras de leite procedentes de vacas con mamite para a súa análise.
Determinacións
Identificación Espectrometría de masas
A identificación dos microorganismos causantes de mamites por espectrometría de masas ofrece a máxima fiabilidade no resultado a un custo moi reducido.
A espectrometría de masas é un método rápido para a identificación de microorganismos patóxenos, baseado no perfil de proteínas a partir do seu espectro de masas. Este método permite a identificación dunha molécula mediante a medición da súa masa en relación á súa carga, así como a dos fragmentos xerados a partir dela.
O VITEK MS conta coa aprobación pola FDA e a validación AOAC RI (Certificado número PTM# 011501) para identificación de bacterias Gram positivas, Gram negativas, mofos e fermentos.
Identificación PCR
A PCR: reacción en cadea da polimerasa (Polymerase Chain Reaction), é unha técnica de bioloxía molecular cuxo obxectivo é o replicado dun fragmento específico de ADN, con maior probabilidade de identificar as bacterias causantes de mamite. Está especialmente indicada para os casos en que o cultivo convencional presenta ausencia de crecemento, para identificar bacterias en mostras de leite con presenza de inhibidores ou para o control de microorganismos contaxiosos.
Leite de cuarterón individual
- Identificación por espectrometría de masas (VITEK MS) e reconto de células somáticas.
- Identificación por espectrometría de masas (VITEK MS) con antibiograma (VITEK-2) e reconto de células somáticas.
Leite de mesturas de cuarteirons
- Identificación por espectrometría de masas (VITEK MS) de Streptococcus agalactiae, Staphylococcus aureus e Prototheca spp. e reconto de células somáticas.
Identificación de microorganismos en leite para mostras individuais ou grupos de mostras
- PCR 1 microorganismo
Permite a identificación dun dos seguintes microorganismos:- Mycoplasma bovis o Staphylococcus aureus o Streptococcus agalactiae o Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
- PCR 2 microorganismo
Permite a identificación de dous dos seguintes microorganismos:- Mycoplasma bovis, Staphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
- PCR 3 microorganismos
Permite a identificación de tres dos seguintes microorganismos:- Mycoplasma bovis, Staphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
- PCR 4 microorganismos
Permite a identificación dun dos seguintes microorganismos:- Mycoplasma bovis, Staphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
- PCR 5 microorganismos
Permite a identificación de:- Mycoplasma bovis, Staphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis e Prototheca zopfii
Outro tipo de determinacións
Se vostede está interesado noutro tipo de determinacións, o LIGAL estudará a posibilidade de realizalas.