Neste apartado inclúese o pago por calidade, o control leiteiro, e outras análises de leite cru.
Mostras de pago por calidade
Participan neste servizo todos os produtores de leite individuais ou asociados, así como industrias e primeiros compradores que recollan leite na Comunidade Autónoma de Galicia e que voluntariamente acepten os servizos do LIGAL.
Mediante este servizo determínanse os parámetros de calidade do leite, que son utilizados para o pago por parte da industria e primeiros compradores aos produtores.
Os beneficiarios deste servizo reciben, ademais dos datos de calidade de cada explotación, asistencia en todas as cuestións relacionadas co proceso de determinación da calidade do leite: identificación de mostras, material de toma de mostra (gradiñas, etiquetas e botes con azidiol), toma de mostras, resultados, inspección na explotación e a industria, asesoramento en temas relacionados coa calidade, participación en accións formativas, etc.
- Programación P6c+9I: 6 mostras para composición, reconto de células somáticas, reconto de bacterias, punto crioscópico, urea, inhibidores por MSC, FSM, BSC e Delvotest T; e 9 mostras para inhibidores por Delvotest T.
- Programación P12c + rdI: 12 mostras para físico-químico, reconto de células somáticas, reconto de bacterias, punto crioscópico, urea, inhibidores por MSC, FSM, BSC e Delvotest: e mostras para inhibidores o resto de días naturais do período de facturación por Delvotest T.
- Programación P15c: 15 mostras para composición, reconto de células somáticas, reconto de bacterias, punto crioscópico, urea, inhibidores por MSC, FSM, BSC e Delvotest T.
- Programación Pdc (Todos os días naturais do período de facturación): Todas as mostras para composición, reconto de células somáticas, reconto de bacterias, punto crioscópico, urea, inhibidores por MSC, FSM, BSC e Delvotest T.
- Cisternas: composición, reconto de células somáticas, reconto de bacterias, punto crioscópico, urea, inhibidores por MSC, FSM, BSC e Delvotest T.
- Inhibidores por Delvotest T.
- Ácedos grasos (saturados, insaturados, monoinsaturados y poliinsaturados) por MSC
MSC (Milkoscan): Espectroscopía infravermella; FSM (Fossomatic): Citometría de fluxo; BSC (Bactoscan): Citometría de fluxo
Mostras de control leiteiro
As análises de control leiteiro realízanse sobre mostras de cada unha das vacas incluídas nos programas de mellora xenética, programas que son desenvolvidos polas Asociacións de Criadores de Frisón para o Control de Rendementos (AFRICOR), un por provincia, de acordo cos criterios establecidos pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
- Calidade fisicoquímica: graxa, proteína, lactosa, extracto seco magro por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Urea por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Acedos grasos por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Reconto de células somáticas por Fossomatic (citometría de fluxo)
- Cetose (BHB) por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
Mostras distintas a pago por calidade e control leiteiro
Calquera gandeiro ou industria pode enviar mostras de leite diferentes ás de pago por calidade e control leiteiro para a súa análise no laboratorio.
Sobre estas mostras pódense realizar determinacións de composición fisicoquímica, punto crioscópico, urea, ácidos graxos, bacterioloxía, reconto de células somáticas, detección de inhibidores, detección de micotoxinas e análise cromatográfica.
- Reconto de bacterias por Bactoscan (citometría de fluxo)
- Reconto de células somáticas por Fossomatic (citometría de fluxo)
- Inhibidores por Delvotest T
- Punto crioscópico por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Urea por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Caseína por Milkoscan (espectroscopía infrarroja)
- Lactosa por Milkoscan (espectroscopía infrarroja)
- Composición:(graxa, proteína e extracto seco magro) por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Composición e ácedos grasos por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Cetose (BHB) por Milkoscan (espectroscopía infravermella)
- Punto crioscópico por método crioscópico.
- Urea por método encimático
Outros ensaios en leite cru de vaca: ver apartado doutros ensaios en leite e produtos lácteos.