Condicións para o envío das mostras

Home Servizos Condicións para o envío das mostras

Todas as mostras deberán vir identificadas preferiblemente co código de barras proporcionado polo LIGAL e acompañadas coa solicitude de ensaios correspondente.

Conservaranse refrixeradas ata a súa chegada ao laboratorio, entre 0 °C e 8 °C para mostras con conservante e de 0 °C a 6 °C para aquelas que non o leven.

O envío de mostras ao LIGAL pódese facer a través do recolledor do leite ou dos puntos de recollida de control leiteiro. Tamén poderán achegarse directamente ao laboratorio no horario de recollida establecido: Luns a venres: 9:30-17:30h e sábados: 8:00-9:00h.

As mostras para análise instrumental deberán achegarse preferiblemente nun frasco distinto ao de pago por calidade, co seu código de barras, cerradas nunha bolsa e acompañadas da súa solicitude de ensaio especialmente se se fan chegar ao laboratorio a través do recolledor do leite. O volume mínimo é de 50 ml para realizar estes ensaios.

Conservaranse refrixeradas ata a súa chegada ao laboratorio, entre 0 °C e 6 °C. Se a temperatura das mesmas non é a axeitada os resultados poderán verse afectados e, en ningún caso se realizarán os ensaios de calidade bacteriolóxica e inhibidores.

Leite de cuarteirón individual e mesturas de leite

A toma de mostras debe de seguir a rutina axeitada:

  • É conveniente o uso de luvas para a toma de mostra.
  • Os tetos deben limparse e secarse inmediatamente.
  • O teto, en especial na área do esfínter, debe limparse con alcol etílico ao 70% e deixar secar antes da recollida da mostra.
  • O leite que sae en primeiro lugar pode estar contaminado, polo tanto, será eliminado, e non se utilizará para a mostra.
  • O tubo estéril, de polo menos 10 ml, utilizado para a recolección das mostras de leite debe ser mantido case paralelo ao chan e cun ángulo preto de 90 ° con respecto ao teto do que se saca a mostra. Iso minimiza o risco de contaminación dende a ubre ou o abdome do animal.
  • O tubo estéril debe pecharse con forza, identificarse debidamente e enviarse para o seu cultivo inmediato.

No caso de mesturas de leite deberá indicarse que é un mestura de leite e non un cuarteirón individual.

Auga non tratada
Enviarase ao laboratorio un litro de auga nun frasco estéril se son necesarias determinacións microbiolóxicas ou fisicoquímicas e microbiolóxicas. No caso de precisar só as determinacións fisicoquímicas será suficiente cun frasco estéril de 0,5 litros.

Auga clorada ou con peróxidos
Se son necesarias determinacións fisicoquímicas e microbiolóxicas, enviaranse ao laboratorio en frascos distintos da seguinte forma:

  • Determinacións fisicoquímicas: mínimo 0,5 litros de auga nun frasco estéril.
  • Determinacións microbiolóxicas: mínimo 1 litro de auga nun frasco estéril con tiosulfato sódico.

Información da mostra:
Deberá indicar a procedencia de mostra e o tratamento de desinfección.

Se a toma de mostra non se realiza a partir das 12h do día do envío ao LIGAL, os resultados das análises microbiolóxicas poderán verse afectadas.

Enviar aproximadamente 1 kg de mostra, nunha bolsa de plástico limpa, identificada co código de barras proporcionado polo LIGAL.

Ensaios Fisicoquímicos
A cantidade mínima de mostra necesaria e a seguinte:

  • Mostras de leite desnatado e lactosoro, 150 ml.
  • Mostras de nata e manteiga, 50 ml/g. Para o ensaio de acidez oleica requírese unha mostra independente de 100 ml/g.
  • Mostras de leite agás desnatado, 80 ml no caso de solicitar unha soa determinación e 150 ml se se solicita mais dunha.

Ensaios microbiolóxicos
O envío de mostras deberá realizarse en frascos estériles e sen conservante. A cantidade mínima de mostra necesaria é de 50 ml, agás se solicitan Detección de Listeria monocytogenes e/ou Detección de Salmonella spp, onde se require 100 ml.

Se se requiren ambas determinacións: fisicoquímicas e microbiolóxicas, deberanse enviar en recipientes distintos atendendo aos volumes detallados anteriormente.

Ensaios cromatográficos
A cantidade mínima de mostra necesaria e a seguinte:

  • Residuos de antibióticos, 50 ml.
  • Aflatoxina M1, 150 ml.
  • Caseinomacropetidos, 100 ml.
  • Perfil de ácidos graxos, 500 ml.

As mostras poderanse enviar refrixeradas ou conxeladas, con ou sen conservante, agás para a determinación de cloranfenicol, na que deberán vir sen conservante.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.