Inspección

Home Inspección

O servizo de inspección do LIGAL atende calquera consulta ou reclamación que expoñan gandeiros ou industrias, e desenvolve actividades de inspección por iniciativa propia, tanto nas industrias como nas explotacións.

Mediante este servizo é posible:

  • Consultar resultados de mostras
  • Consultar dúbidas sobre cuestións relacionadas coa calidade do leite na explotación
  • Recibir asesoramento na explotación
  • Realizar toma de mostras de contraste
  • Xestionar reclamacións

O servizo de inspección do LIGAL tamén realiza:

  • A comprobación do proceso de mostraxe na industria (control de temperatura, identificación, etc.)
  • A toma de mostras en explotacións, rutas, etc. para comprobar o sistema de mostraxe

Por delegación da industria, os inspectores do LIGAL desprázanse ás explotacións cando se detecta un inhibidor positivo para, no seu caso, autorizar ou non a entrega do leite.
Cando nunha mostra de pago por calidade se obtén un resultado positivo a inhibidores, establécese o seguinte Protocolo de actuación.

Para pórse en contacto con este servizo pode chamar ao teléfono 881 240 770, ou ben enviar un e-mail a inspectores@ligal.gal.
O horario de atención telefónica é de luns a venres de 9:30-13:00h e de 15:00 a 17:30 h.
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.