O LIGAL pon a disposición de gandeiros e industrias as ferramentas precisas para o control da calidade do leite.
No caso do gandeiro, por unha banda dá unha gran facilidade para o envío das mostras ao laboratorio por medio da industria que
lle recolle o leite, sen ningún custo para o gandeiro. E por outra, ten a posibilidade de consultar os resultados de forma rápida a
través da páxina web do LIGAL, así como o envío destes ao técnico responsable da explotación, ou á propia explotación.
No caso da industria, ten a posibilidade de dispor de material de referencia, mostras cegas e ensaios de intercomparación nun
amplo abanico de niveis, para un bo aseguramento da calidade no seu laboratorio.