O LIGAL segue unha política de calidade cuxo obxectivo principal é a máxima fiabilidade nos resultados, mediante sistemas de control estatísticos adecuados a cada proceso analítico. Para iso, conta ademais con equipamento de tecnoloxía avanzada e de alto rendemento que permite obter resultados nun curto período de tempo.
A maioría dos ensaios que se realizan están acreditados por ENAC (Entidade Nacional de Acreditación) segundo Norma UNE-EN-ISO/IEC 17025.
Así mesmo, dispón de ferramentas informáticas avanzadas que permiten a optimización no envío de resultados, tanto ás industrias como ós gandeiros.