Firma dun convenio marco LIGAL-Conselleria de Medio Rural

O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite asinou un convenio marco de colaboración coa Conselleria de Medio Rural para a realización de actividades de formación, científicas  e divulgativas relacionadas coa produción, transformación e comercialización do leite.

Entre outras, establecerase un marco colaborativo que permita a realización de diversas actividades do ámbito científico e técnico co maior aproveitamento posible dos recursos dispoñibles.

Devandito acordo foi asinado polo Director-Xerente do LIGAL, D. Roberto Lorenzana Fernández, e polo Secretario Xeral de Medio Rural e Montes, e director do Instituto Galego de Calidade Alimentaria (Ingacal), D. Tomás Fernández-Couto.​

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.