Certificación

Home Certificación

O LIGAL dispón dun departamento de certificación de produto.

GALEGA 100%

O LIGAL é titular da Marca de Garantía chamada “Galega 100%” inscrita na oficina española de Patentes e Marcas co nº M2951852/0, cuxo obxectivo é que as empresas poidan garantir aos consumidores que a materia prima principal (leite) adicada á elaboración de leite e produtos lácteos procede exclusivamente de explotacións inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada, creado mediante o Decreto 57/2010, de 8 de abril, polo que se crea o Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada e modificado polo Decreto 228/2011.

A Marca de Garantía virá definida polo Regulamento de uso da Marca de Garantía “Galega 100%”, e os seus anexos.

O LIGAL como titular e entidade de certificación xestiona e administra a Marca de Garantía “Galega 100%”, para o que asinará Contratos de Licenza de Uso con aqueles operadores que se comprometan a respectar as condicións que se establecen no citado Regulamento, na normativa xeral de aplicación e nas normas complementarias que o LIGAL poida establecer para un bo uso da Marca de Garantía.

Atópase dispoñible ao público, previa solicitude ao departamento de certificación de produto do LIGAL, a información relativa ao esquema de certificación, incluíndo o procedemento de avaliación, as regras e os procedementos para outorgar, manter, ampliar ou reducir o alcance da certificación, ou para suspender, retirar ou denegar a certificación. Do mesmo xeito está dispoñible o procedemento para o tratamento de queixas e apelacións, así como as tarifas vixentes para a certificación da Marca de Garantía Galega 100%.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.