Sanidade animal

Home Análise Sanidade animal

Prevención e control da mamite

Introdución

A mamite é a enfermidade máis común das vacas produtoras de leite, constituíndo un dos factores que limitan a produción de leite. A súa prevención e control é imprescindible para evitar perdas, penalizacións por parte da industria, manter o estado sanitario do gando, facer un uso adecuado dos medicamentos e diminuír os custos nos tratamentos veterinarios.

O LIGAL mediante este servizo realiza, sobre mostras de leite procedentes de vacas con mamite, a identificación dos microorganismos causantes da enfermidade, así como o antibiograma correspondente, que proporciona información sobre cales son os antibióticos máis apropiados para tratala.

Calquera gandeiro ou industria pode enviar mostras de leite procedentes de vacas con mamite para a súa análise.

Determinacións

Identificación Espectrometría de masas

A identificación dos microorganismos causantes de mamites por espectrometría de masas ofrece a máxima fiabilidade no resultado a un custo moi reducido.

A espectrometría de masas é un método rápido para a identificación de microorganismos patóxenos, baseado no perfil de proteínas a partir do seu espectro de masas. Este método permite a identificación dunha molécula mediante a medición da súa masa en relación á súa carga, así como a dos fragmentos xerados a partir dela.

O VITEK MS conta coa aprobación pola FDA e a validación AOAC RI (Certificado número PTM# 011501) para identificación de bacterias Gram positivas, Gram negativas, mofos e fermentos.

Identificación PCR

A PCR: reacción en cadea da polimerasa (Polymerase Chain Reaction), é unha técnica de bioloxía molecular cuxo obxectivo é o replicado dun fragmento específico de ADN, con maior probabilidade de identificar as bacterias causantes de mamite. Está especialmente indicada para os casos en que o cultivo convencional presenta ausencia de crecemento, para identificar bacterias en mostras de leite con presenza de inhibidores ou para o control de microorganismos contaxiosos.

Leite de cuarterón individual

  • Identificación por espectrometría de masas (VITEK MS) e reconto de células somáticas.
  • Identificación por espectrometría de masas (VITEK MS) con antibiograma (VITEK-2) e reconto de células somáticas.

Leite de mesturas de cuarteirons

  • Identificación por espectrometría de masas (VITEK MS) de Streptococcus agalactiae, Staphylococcus aureus e Prototheca spp. e reconto de células somáticas.

Identificación de microorganismos en leite para mostras individuais ou grupos de mostras

  • PCR 1 microorganismo
    Permite a identificación dun dos seguintes microorganismos:

    • Mycoplasma bovis o  Staphylococcus aureus o Streptococcus agalactiae o Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
  • PCR 2 microorganismo
    Permite a identificación de dous dos seguintes microorganismos:

    • Mycoplasma bovisStaphylococcus aureusStreptococcus agalactiae, Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
  • PCR 3 microorganismos
    Permite a identificación de tres dos seguintes microorganismos:

    • Mycoplasma bovis, Staphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
  • PCR 4 microorganismos
    Permite a identificación dun dos seguintes microorganismos:

    • Mycoplasma bovis, Staphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis o Prototheca zopfii
  • PCR 5 microorganismos
    Permite a identificación de:

    • Mycoplasma bovisStaphylococcus aureus, Streptococcus agalactiae, Streptococcus uberis e Prototheca zopfii

Outro tipo de determinacións

​Se vostede está interesado noutro tipo de determinacións, o LIGAL estudará a posibilidade de realizalas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.